Voltar atrás

Escrito o:

WEBINAR | Repercusións do cambio climático na seguridade e saúde no traballo

O vindeiro domingo, día 28 de abril, celébrase o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, unha data conmemorativa que a Organización Internacional do Traballo (OIT) aproveita anualmente para impulsar campañas de sensibilización e concienciación dirixidas a centrar a atención internacional sobre a magnitude do problema dos riscos laborais e sobre como a creación e promoción dunha cultura da seguridade e a saúde pode axudar a reducir o número de mortes e lesións relacionadas co traballo. 

En 2024 a temática desta data centrarase en explorar as repercusións do cambio climático na seguridade e a saúde no traballo.

É por iso que a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a través do seu Gabinete Técnico de Prevención de Riscos Laborais, organiza para o vindeiro luns 29 de abril, a partir das 10:00 horas, un webinar informativo no que se analizarán as diferentes cuestións do cambio climático que preocupan no ámbito da seguridade e saúde laboral (como tensión térmica, radiación UV, contaminación atmosférica, fenómenos meteorolóxicos extremos ou exposición a produtos agroquímicos). Contará coas achegas de Jaime Villaverde Hevia, director técnico nacional en PRL de Ibersys Seguridade e Saúde S.L. (descargar programa completo ao final desta entrada). 

A inscrición xa pode formalizarse a través desta ligazón